Cultura Galicia

‘O máis grande de Galicia está até a cona’

Este é o lema da campaña do BNG con motivo do Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo. A voceira nacional do Bloque, Ana Pontón, descubriu este martes o cartel da campaña no panel publicitario situado fronte ao Parlamento galego.

Pontón subliñou que diante da “desigualdade e a violencia”, o BNG ve “necesario unha resposta con contundencia, por iso dicímoslle ao PP e a Feijóo, e estou segura de que o van a entender, que o máis grande de Galicia está até a ‘cona”.

O BNG quere darlle a volta ao anuncio da  Xunta do pasado 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, e que, baixo a lema ‘O máis grande de Galicia non se maltrata’, xerou críticas polo que moitos colectivos e partidos consideraron unha “cosificación” da muller.

También te puede interesar