Vigo al día

Milleiros de xubilados e pensionistas saen á rúa en Galicia para defender o sistema público de pensións

Milleiros de xubilados e pensionistas saíron ás rúas das prinicipais cidades de Galicia para defender a viabilidade do sistema público de pensións e denunciar a perda progresiva, durante os últimos anos, de poder adquisitivo, en especial en Galicia, “onde temos as pensións máis baixas de todo o Estado”.

As manifestacións, nas que se escoitaron berros de “¡Rajoy, escoita, as pensións non se tocan!” e “¡Montoro, ladrón, non toques as pensións!”, estaban convocadas Colectivo de Pensionistas e Xubilados da CIG en Vilagarcía, Compostela, Ferrol, Pontevedra, Ourense e A Coruña este martes pola mañá e xa pola tarde, en Lugo e Vigo.

También te puede interesar