Vigo al minuto

Sanidade compra 494 novos ‘sillóns de tratamento’ para servizos de oncoloxía, hematoloxía, reanimación e urxencias

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) adquiriu 494 ‘sillóns de tratamento’ para “mellorar o confort dos pacientes que deben someterse a tratamentos que requiren estancias periódicas de varias horas de duración”. O orzamento total ascende a 896.610€ e a entrega das cadeiras realizarase durante o mes de marzo.

As sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada do Sergas comunicaron as necesidades de renovación deste mobiliario clínico de unidades ambulatorias e de hospitais de día, e destinaranse principalmente aos servizos de oncoloxía, hematoloxía, servizos de urxencias, reanimación, ou salas de extracción, entre outras

80 cadeiras están destinadas á Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras; 38 son para a de Vigo; 68 están destinadas a diversos centros sanitarios de Pontevedra e Salnés; 43 cadeiras son para Lugo, Cervo e Monforte de Lemos; 138 están destinados a Santiago de Compostela; 103 son para a Coruña, e 24 cadeiras irán destinadas a Ferrol.

También te puede interesar