Vigo al día

Once mulleres utilizaron esta fin de semana as paradas a demanda do servizo nocturno de Vitrasa

O bus nocturno con paradas adicionais para que as mulleres poidan baixarse o máis preto posible dos seus destinos, funcionou con absoluta normalidade nesta segunda fin de semana de servizo.

O venres foron 5 as usuarias -con idades comprendidas entre os 27 e os 60 anos– que solicitaron apearse entre paradas nas zonas de Navia, Travesía de Vigo, Avenida de Castelao e Urzáiz.

O sábado foron 6 as mulleres que solicitaron este servizo en zonas como Becerreira, Romil, Avenida Atlántica, rúa Baiona, Travesía de Vigo ou Sanjurjo Badía. As idades das usuarias oscilaron entre os 22 e os 50 anos.

También te puede interesar