Galicia enteira celebra este sábado o 181 cumpreanos de Rosalía de Castro, un dos piares da cultura e da literatura galega, traducida a ducias de idiomas e imaxe da igualdade e da loita dos dereitos da muller.

A Fundación Rosalía de Castro fará unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía, na Alameda de Compostela e logo haberá un acto institucional no Hostal dos Reis Católicos, ao que acudirán diversas autoridades. Pola tarde será outro dos actos de celebración xa na súa Casa Museo en Padrón.

Concellos coma Vilalba, Lugo, A Coruña, Vigo, Arteixo, Redondela ou As Neves, impulsan lecturas da súa obra e actos de lembranza, concursos de poesía, relacionados co medio ambiente e coa cultura.

Esta homenaxe chegou nos días pasados-es seguirá algún maís- en colexios e centros de ensino con muráis, actividades culturais e de lecer ou debates sobre a obra e figura de Rosalía.

También te puede interesar