Galicia

300 mozas e mozos galegos aprenden a usar as ferramentas para combater o acoso escolar e o ‘cyberbulling’

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado reuniuse este sábado cos participantes no ‘Encontro autonómico dos correspondentes 3.0 ‘que se celebra esta fin de semana no albergue xuvenil de Gandarío. Alí, os 273 participantes, recibirán formación para actuar como mediadores e ferramentas para previr o acoso escolar e o cyberbulling.

O encontro tivo lugar en Betanzos, no marco dunha saída dos participantes, e directora xeral salientou  a importancia desta formación para eles xa “a nosa intención é que, como transmisores de información, podades ser un referente nun uso da Internet máis respectuoso e con actitudes e comportamentos saudables con vistas a convivir nunha contorna máis segura”.

A formación, que busca tamén que os participantes se inicien como mediadores na prevención do acoso nos seus centros educativos, será impartida por parte Patricia Gómez Salgado, docente da Universidade de Santiago de Compostela, doutora en psicoloxia é experta nesta temática, así como pola psicóloga Noa Tilve, técnica do Centro Quérote+ da Xunta.

Estes alumnos e alumnas de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos, con idades comprendidas entre os 14 e 20 anos, dan a coñecer e difunden nos seus centros educativos, nos seus entornos máis cercanos, nas redes sociais e nos blogues os programas e recursos  para a mocidade postos en marcha pola Administración, xa sean da Dirección Xeral de Xuventude ou bolsas de axudas, ofertas de traballo, direccións de interese, aloxamentos xuvenís ou información sobre ocio e tempo libre.

También te puede interesar