Galicia

@ArboConcello remata as obras de mellora do pavimento do Camiño de Rasela, na parroquia de Cequeliños

O Concello de Arbo segue adiante con diferentes obras que teñen coma obxectivo a “dinamización do medio rural”, entre elas a mellora de pavimentación no Camiño de Rasela, parroquia de Cequeliños.

Estes traballos están a  mellorar o estado de algunhas das infraestruturas viarias existentes no concello, coma a recuperación é a pavimentación dos camiños públicos municipais, realizando actuacións de roza, retirada da vexetación, limpeza enérxica de superficie de pavimento e das beiravías e regularización do firme con aglomerado en quente.

También te puede interesar