Comarcas Vigo al día

O persoal de Maderas Iglesias irá a pé o xoves do Porriño a Vigo para esixir o mantemento da empresa e os seus 250 empregos

O cadro de persoal de Maderas Iglesias levará a cabo unha marcha a pé até a delegación da Xunta en Vigo este xoves coincidindo coa xornada de folga convocada para reclamar o mantemento do emprego e medidas que garantan a supervivencia da empresa.

Segundo explican dende a federación de Construción da CIG de Vigo, a camiñada arrincará da fábrica situada na estrada de Atios a Pontellas (O Porriño) ás 8 da mañá e rematará diante do edificio administrativo da Xunta na cidade por volta da 1 da tarde.

O persoal da empresa fai un chamamento á veciñanza dos concellos que resultarían afectados polo peche da compañía (Salvaterra, O Porriño, Vigo, Ponteareas e Mos) a sumarse á marcha en demanda do mantemento dos 250 postos de traballo e da aplicación de medidas que garantan a viabilidade dunha firma estratéxica para o sur da provincia de Pontevedra.

También te puede interesar