Cultura Vigo al día

@LuzCasalOficial en Vigo o vindeiro 17 de marzo

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o sábado 17 de marzo a presentación do novo disco de Luz Casal, que levará por título “Que corra el aire”. Vigo será unha das primeiras cidades españolas que acollerá a presentación deste novo traballo que está previsto que saia á venda xusto a primeiros de marzo, e que a artista de Boimorto presentará nunha xira internacional con paradas en Bélxica e Francia.

Durante os últimos meses, Luz Casal estivo traballando no seu novo disco en Barcelona co recoñecido produtor Ricky Falkner, productor de algúns dos artistas máis exitosos do momento como Love of Lesbian, Quique González ou o vigués Iván Ferreiro.  O disco terá nesta ocasión cancións orixinais e a semana pasada lanzouse o primeiro single que leva por título “Miénteme al oído”.

Este disco supón o número 15 na traxectoria de Luz Casal, ademáis de outros cinco traballos recopilatorios. Trinta anos de carreira musical e máis de cinco millóns de discos vendidos avalan os rexistros desta artista galega que domina rexistros que van do rock ós boleros.

As entradas que restan á venda para o concerto de Luz Casal no Auditorio Mar de Vigo poden adquirirse desde 30 euros  en  www.ticketea.com.

También te puede interesar