Vigo al día

Desconvocada a folga en Faurecia

A CIG decidiu desconvocar a folga indefinida prevista para este martes en Faurecia-Asientos de Galicia, compañía da automoción con sede no polígono vigués de Valadares, despois de que a dirección se comprometese a atrasar até o mes de xullo a rebaixa salarial pactada co resto de sindicatos que integran o comité de empresa.

Tanto a convocatoria de paro como as mobilizacións desenvolvidas diante das instalacións de Faurecia forzaron a empresa a atrasar até o mes de xullo a rebaixa de 145€ mensuais -1.740 ao ano- a cada traballador, cando está previsto que a compañía se atope en plena produción.

A baixada de soldos, que foi pactada en convenio pola dirección e os sindicatos CCOO, UGT, CGT e CSIF, aplicarase finalmente tras as vacacións de verán.

Segundo indica a CIG, “as medidas de presión tamén provocaron que a empresa optase por renunciar á súa intención de que se traballase 12 horas os sábados a cambio de non aplicar a rebaixa salarial”.

También te puede interesar