Galicia Sucesos

81 feridos en 59 accidentes ocorridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 81 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 9 de febreiro, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 11.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 81 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 62 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistros.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar