Vigo al día

Xubilados e pensionistas, de novo na rúa para defender as pensións públicas

Medio milleiro de persoas secundaron a protesta convocada este mércores na rúa do Príncipe polo colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG, alertando das “novas agresións ao sistema público de pensións por parte do Goberno do Partido Popular”.

Ao remate da mobilización, o secretario comarcal da CIG de Vigo,Alberto Gonçalves, dirixiuse aos asistentes, denunciando a “tentativa do gran capital para fomentar os plans privados en detrimento do actual modelo, que xa sufriu importantes ataques como o ‘pensionazo’ de 2011, e emprazando a novas mobilizacións”.

También te puede interesar