RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es saca a contratación a reforma integral da estrada Puxeiros-Peinador

A Deputación de Pontevedra vén de facer oficial a mellora integral da estrada provincial EP-2603 Puxeiros-Peinador coa publicación esta semana do anuncio da obra no Boletín Oficial da Provincia. O convenio polo que se realizarán as obras, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, ten un orzamento de 632.857€, dos que a institución provincial financiará o 86,33% e o goberno local o 13,67%.

O prazo de presentación de ofertas por parte das construtoras interesadas finalizará o 26 de febreiro, e as propostas terán que ser analizadas tecnicamente valorando o programa e equipo de traballo (15 puntos), o plan de control de calidade (15 puntos), a memoria de traballo (10 puntos), e o plan de actuación ambientais (5 puntos).

As empresas que acaden un mínimo de 20 puntos na parte anterior pasarán á valoración económica, onde o menor prezo ofertado obterá un máximo de 55 puntos. Unha vez estudiados todos estes criterios, realizarase unha proposta de adxudicación, que deberá ser aprobada en Xunta de Goberno. A partir de aí formalizarase o contrato e presentarase a acta de replantexamento da obra.

O prazo de execución dos traballos está fixado en catro meses polo que, se a tramitación administrativa non se complica e a climatoloxía o permite, a actuación estará finalizada, segundo asegura o deputado, no outono deste ano.

También te puede interesar