Comarcas

@ConcelloNigran retoma o programa de Turismo Social cunha excursión á ‘Festa do Lacón con grelos de Cuntis’

O Concello de Nigrán pon en marcha, un ano máis, o programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade co obxectivo de dar a coñecer aos maiores outros lugares de Galicia e facilitar a súa socialización.

O programa empeza o vindeiro día 18 cunha excursión á ‘XXI Festa do Lacón con Grelos’ de Cuntis, declarada ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’ e que combina a degustación gastronómica nunha carpa con actuacións musicais e diversas actividades lúdico-culturais que atraen cada ano a miles de persoas.

O prezo é de 10 € e inclúe autobús e o xantar. A hora de saída é ás 10 da mañá dende o Concello de Nigrán e o regreso estimado ás 8 da tarde. Os interesados poden inscribirse dende o  martes 6 de febreiro ao venres 9 de 9 da mañá a 2 da tarde, na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.