Vigo al día

As obras do ‘macro parque’ de Venezuela abranguerán o cambio de tubaxes de ferro que teñen máis de 80 anos

As obras do ‘macro parque’’ infantil da rúa Venezuela abranguerán a renovación de tubaxes logo de que se atoparan baixo o mesmo canalizacións de ferro de máis de 80 anos, segundo indicou este xoves o alcalde.

Abel Caballero salientou que “ningún goberno anterior, de ningunha cor política” actuara antes nesta zona, e afirmou que “non se fixo nada ata que chegamos nós ao goberno”.

Hai que lembrar que o proxecto de renovación do parque, cun orzamento de 710.000€, virá seguido da humanización da rúa, coa posta en marcha do carril bici.

O alcalde informou de que  o Goberno local xa substituíu 330 km de canalizacións de saneamento e máis de 400 de saneamento, retirando tubaxes de 50, 75 e 80 anos de ferro e fibrocemento.

Caballero insistiu en que Vigo é a cidade que máis canalizacións renovou na última década e preguntouse en qué gastaban os cartos os seus predecesores, lembrando a débeda de 60 millóns que atopou cando chegou á Alcaldía.    

También te puede interesar