Galicia

1.275 peticións de axudas tramitadas diante do Goberno de Galicia pola vaga de incendios

Alfonso Rueda, presidente en funcións do Goberno galego sinalou este xoves, logo do Consello, que xa se pecharon todos os prazos de solicitude polos danos causados pola vaga de incendios que sufriu Galicia, rexistrándose, nas nove liñas distintas, un total de 1.275 peticións por valor de máis de 22 millóns de euros.

No que respecta ás axudas destinadas ás persoas que sufriron danos ou lesións e aos que perderon aos seus familiares por mor dos lumes, indicou que, das 15 solicitudes presentadas, en 14 dos casos xa cobraron as axudas e, no caso restante, levarase a cabo o pagamento de inmediato.

En relación á vivenda, afirmou que as primeiras axudas nesta materia xa están aboadas, concretamente aquelas para subvencionar o aloxamento provisional das familias que perderon as súas vivendas por mor dos lumes. En total, ascenden a preto de 30.000€, cos que se está a facilitar que un total de sete familias poidan facer fronte aos gastos de alugueiro.

Neste mesmo eido existe outra orde de axudas, dotada inicialmente con 2 millóns de euros, para subvencionar a reparación dos danos producidos nas casas a causa dos lumes. En concreto, o prazo de admisión de solicitudes rematou onte mesmo, rexistrándose 158 peticións que están a ser revisadas.

También te puede interesar