Vigo al minuto

@MareaVigo propón a creación dun Consello Municipal da Cultura

Un Consello Municipal da Cultura, que abra a posibilidade de participación dos artistas e das veciñas e veciños da cidade e que sexa o que estude e considere todo o que se refira aos museos os monumentos e as actividades artísticas que se impulsen dende o Concello.

Esta é a proposta do Grupo Municipal de Marea de Vigo, tal e como sinalaron este martes en rolda de prensa os seus tres concelleiros.

Xosé Lois Jácome criticou a “improvisación cultural” do Goberno local e puxo coma exemplo da mesma a situación actual do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), a desaparición do Festival Alt, a lamentable polémica do padroado do propio MARCO ou as dificultades de diferentes iniciativas culturais da cidade, coma as que atravesa o Teatro Ensalle.

O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, subliñou que a existencia dun Consello Municipal da Cultura é unha proposta razoable e sinalou que xa funcionan outros organismos semellantes, coma o Consello Municipal da Muller ou de Educación e, ao seu xuízo, o da Cultura “podería resolver cuestións coma a situación do MARCO ou o emprazamentos de estatuas ou equipamentos culturais que deberían ser decididos polo sector”.

Te podría interesar