Cultura

O Concello de Redondela mantén aberta a exposición ‘Scriptorium’ que amosa coma se elaboraban pergamiños coma o Vindel hai máis de 8 séculos

A chegada o ano pasado do Pergamiño Vindel a Galicia, o Goberno galego programara distintas actividades en colaboración con diferentes concellos da Ría de Vigo, Redondela, entre eles que, soma subliña a concelleira de Cultura, Teresa París, quixo ser dos que máis colaborase impulsando diferentes proxectos para salientar e “achegar á sociedade en xeral e particularmente aos estudantes, a importancia deste legado de máis de 8 séculos de historia”.

Así, Redondela acolleu, ao longo de 2017, varios actos para poñer en Pergamiño que contén as cantigas de Martín Códax, entre os que cabe salientar a Exposición “Scriptorium” que ten coma obxectivo amosar unha visión do proceso de elaboración destes documentos, do xeito máis realista posible e, ao tempo, explicar a cultural e patrimonial dun documento coma o Vindel.

Esta exposición seguirá aberta no multiusos da Xunqueira, con entrada de balde, para percorres cada un dos procesos necesarios para a realización do propio pergamiño, as plumas, as tintas, os dourados, a escritura, ilustración, alumeado e encadernación.

También te puede interesar