Vigo al minuto

As vindeiras semanas empezan as obras dos novos ascensores entre Marqués de Valterra e Torrecedeira e dende aquí con Pi y Margall

O alcalde adiantou este xoves que o Goberno local comezará a próxima semana obras por valor de 4,5 millóns de euros.

Abel Caballero informou do inicio dos traballos de humanización da rúa Canceleiro, entre as rúas Rosalía de Castro e García Barbón. Neste mesmo entorno aprobouse  o proxecto para humanizar as rúas Roupeiro, Heraclio Botana e Serafín Avendaño.

Tamén a próxima semana comeza a segunda fase da humanización de Marqués de Valterra, despois de que «as catas arqueolóxicas nos retrasaran ano e medio». Esta actuación contempla un ascensor acristalado de conexión con Torrecedeira, á altura de Instituto Oceanográfico, un segundo elevador que se suma ao que o Concello prevé dispor á altura de Juan Ramón Jiménez.

A terceira reforma que arrancará a vindeira semana é a reforma do parque Camilo José Cela, entre Torrecedeira e Pi y Margall, onde se construirá outro elevador na mesma perpendicular do anunciado entre Marqués de Valterra e Torrecedeira e do xa operativo entre Pi y Margall e Camelias.

«Cando esto conclúa, a comezos do ano 2019, poderemos ir desde Beiramar ata Camelias en dous minutos, en tres saltos de ascensor», puxo en valor o alcalde. Este proxecto forma parte do Vigo Vertical, cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.