Comarcas

Os traballadores de Maderas Iglesias logran que o Goberno de Galicia interveña no conflito laboral desta empresa do Porriño en perigo de peche

Logo de moitas mobilizacións e xestións institucionais diante de varios concellos, o Parlamento galego e o Goberno de Galicia, os traballadores de Maderas Iglesias conqueriron que, finalmente,  a Consellería de Economía, Emprego e Industria se comprometese a intervir no conflito laboral desta empresa do Porriño adicada á fabricación de tarima flotante que se atopa en perigo de liquidación a causa da grave situación económica que atravesa.

Os responsábeis da consellería comprometéronse co comité de empresa a “contactar coa dirección da compañía e cos seus acredores para intentar buscar unha saída que garanta a súa viabilidade e o mantemento de todos os postos de traballo”, tal e como lle trasladou a representación do cadro de persoal na xuntanza mantida en Santiago.

A representación sindical continúa a rexeitar o ERE extintivo para 140 das 249 empregados que a dirección puxo enriba da mesa. Pretenden ademais, tal e como nos trasladaron na xuntanza deste pasado venres, pagar as indemnizacións por despido en 24 mensualidades”,

Os representantes dos traballadores lamentan que na Consellería de Economía, Emprego e Industria non se coñecese a realidade da empresa, “tal e como quedou claro polos datos que saíron a relucir durante a xuntanza”, a pesar de que hai varios meses que se aprobou por unanimidade no Parlamento unha proposición non de lei na que se alertaba sobre a situación da empresa e se instaba a Xunta a facer xestións para frear a destrución de emprego, garantir os dereitos laborais e procurar a viabilidade e continuidade de Maderas Iglesias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.