'Qué te cuentas?' Galicia

Empeza o ‘Ano Ana Maria Victoria Moreno’ a autora á que está adicado o ‘Día das Letras Galegas 2018’

A Real Academia Galega deu por iniciado o ‘Ano Ana María Victoria Moreno’, autora que protagoniza en 2018 o Día das Letras Galegas.

A web da Academia xa dedica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa de adopción, nacida en Cáceres e «galega de elección».

Ana María Victoria Moreno, filla dunha malagueña e un toledano e nada de forma circunstancial en Cáceres, viviu boa parte da súa vida en Pontevedra, onde se estableceu logo de aprobar as oposicións a mestra en 1965 despois de impartir clase durante un par de anos no Instituto Masculino de Lugo.

As académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey indagan na vida da autora, finada no 2005, cunha biografía que pode consultarse na web da RAG, na que salientan que “toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social»,.

Será Pontevedra o lugar no que se celebrarán os actos centrais da homenaxe a María Victoria Moreno o próximo 17 de maio, día no que o Teatro Principal acollerá o tradicional acto académico que porá o broche a un programa que, semanas antes, lembrará á autora no ‘Salón do Libro Infantil e Xuvenil’ baixo a lema ‘Mulleres de Conto’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.