Galicia Sucesos

A neve está a causar numerosos problemas en varias estradas galegas, en especial das provincias de Ourense e Lugo

Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT),  a estrada provincial OU-0807 está cortada á circulación no quilómetro 7.3 á altura de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras en ambos sentidos.

Na mesma provincia de Ourense, en Carballeda de Valdeorras, a circulación está condicionada pola neve, na estrada OU-122, desde o quilómetro 7 ao 26 en ambos sentidos.

No concello lucense de Mondoñedo, recoméndase circular con precaución por néboa con meteoroloxía adversa, na A-8, desde o quilómetro 536 ao 552, en ambos os sentidos. Na LU-633, á altura de O Cebreiro, tamén en Lugo, Tráfico pide que se teña coidado ao circular entre os quilómetros 0 e 21, nos dous sentidos,por meteoroloxía adversa.

También te puede interesar