Comarcas

@PorrinoConcello impulsa o Plan Integrado de Emprego para Mulleres que beneficiará a 85 veciñas desempregadas

O Concello do Porriño porá en marcha o Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM) nos vindeiros meses. Este programa, co-financiado entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, “vai dirixido a un total de 85 mulleres, especialmente mulleres novas, menores de 30 anos e sen cualificación profesional”, como sinala a concelleira de Emprego e Igualdade, Soledad Girón.

O PIEM, engade a concelleira, ten como obxectivo afrontar o desemprego no Porriño “e, máis concretamente, combater a profunda fenda que afecta ás mulleres”. Para atallar esta situación,  levaranse adiante accións de orientación laboral e accións formativas, con prácticas en empresas, que permitirán mellorar as competencias profesionais e as posibilidades de inserción das usuarias no mercado laboral.

Para a participación no PIEM, as interesadas deberán poñerse en contacto coas oficinas da Concellería de Formación e Emprego  no Multicentro de Torneiros.

También te puede interesar