Comarcas Vigo al minuto

200 familias de Mos, Ponteareas, Salvaterra, Vigo ou O Porriño quedarían na rúa se se pecha finalmente Maderas Iglesias

Unhas 200 familias de Salvaterra, O Porriño, Vigo, Ponteareas e Mos veríanse afectadas no caso de que finalmente se consume o peche de Maderas Iglesias, compañía dedicada á fabricación de tarima flotante que atravesa unha situación económica crítica. O comité de empresa, presidido pola CIG, volverá reclamar por escrito a intervención da Xunta para garantir a continuidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo.

Numerosas localidades do sur da provincia de Pontevedra veranse afectadas se se constata o peche de Maderas Iglesias, que emprega na actualidade a 249 traballadora e traballadores.

Ademais das cinco citadas, que concentran a maior cantidade de familias  -51 en Salvaterra, 38 no Porriño, 36 en Vigo, 32 en Ponteareas e 31 en Mos-, a desaparición da compañía deixaría sen posto de traballo a un importante número de persoas en Tui (16), Salceda (13), As Neves (6), Redondela (6) e Tomiño (6). Trátase en todos os casos de empregos directos, polo que a cifra de indirectos sería aínda maior.

A pesar disto, e de que hai xa tres meses que se aprobaron por unanimidade do Parlamento de Galicia e do Pleno do Concello do Porriño unha moción e unha proposición non de lei reclamando a intervención da Xunta para garantir a supervivencia da compañía e o mantemento dos postos de traballo, o Goberno galego aínda non se puxo en contacto co comité de empresa.

“Non sabemos cal pode ser a axenda do conselleiro de Industria para que neste tempo non fixese nada para salvar unha das compañías máis importantes do sur da provincia de Pontevedra, e da que dependen centos de familias”, denuncian os representantes do persoal.

Ademais, o pasado 28 de decembro a representación do cadro de persoal mantivo xuntanzas con todos os grupos políticos con representación no Parlamento e co Igape para demandarlles un compromiso político co futuro de Maderas Iglesias. Neste senso, reclámanlle aos concellos afectados nos que goberna o PP “que dean un paso adiante en defensa do emprego en Maderas Iglesias”. O comité, pola súa banda, reiterará por escrito a petición para que a Xunta interveña.

Lembran que cada vez queda menos tempo para buscar unha solución que evite o peche da empresa, xa que o vindeiro venres 12 terá lugar a primeira xuntanza para negociar o ERE extintivo que afectará a 140 traballadores. “Non entendemos a inoperancia da consellaría a catro días de que se produza unha reunión da que depende en boa medida o futuro da empresa e o de centos de familias”, sinalan.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.