Vigo al minuto

22 persoas con discapacidade de Vigo conseguen traballo por medio dun programa impulsado por COGAMI e a Fundación Vodafone España

Un total de 104 persoas con discapacidade conseguiron inserirse laboralmente tras participar no programa de inserción `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´, un proxecto que apoia a Fundación Vodafone España e co que se pretendeu potenciar o uso das TICS para a inserción sociolaboral; válese das novas tecnoloxías para darlle un uso favorable ás persoas que están buscando emprego.

Este programa desenvolveuse durante o ano 2017 e finalizou en decembro cuns resultados que superaron todas as expectativas marcadas pola área de emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) con respecto ao número de insercións.

Dende COGAMI tiñan como obxectivo alcanzar un 49% de ocupación laboral das 150 persoas participantes no programa. O resultado final foi superado, xa que o 69% das persoas participantes están traballando arestora: 22 en A Coruña, 11 en Ferrol, 9 en Lugo, 12 en Ourense, 10 en Pontevedra, 18 en Santiago e 22 en Vigo.

Integrantes do programa

Todas as persoas seleccionadas para formar parte en `PARTICIPA coa dis-CAPACIDADE´ compartían perfís similares: todas tiñan discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para o desenvolvemento da súa profesión habitual, carecían dun contrato laboral durante os seis meses anteriores ao programa e todas contaban con maiores dificultades de inserción por vivir no rural, por ter formación básica e por ser muller (de aí que a metade de participantes deste programa sexan mulleres). Segundo o lugar de procedencia, 24 dos participantes procedían de A Coruña, outras 24 de Santiago Compostela, 18 de Ferrol, 18 de Lugo, 19 de Ourense, 22 de Pontevedra e 25 estaban en Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.