Video Vigo al minuto

#RegalaIgualdade porque o único que marca as diferenzas de xénero son os prexuízos

Desterrar os estereotipos sexistas que se transmiten desde a publicidade e a sociedade e deixar craro que non hai xoguetes para nenas e xoguetes para nenos, “regalar igualdade”. Ese é o obxectivo da campaña “Se non xoga non é un xogo. #RegalaIgualdade” impulsada pola a Deputación de Pontevedra.

Nun vídeo que podes ver premendo aquí, amósase a alcaldesas, enfermeiros, canteiras, auxiliares de voo, bombeiras, modistos, arquitectas, bailaríns, informáticas, coidadores ou mulleres astronautas, que demostran que, coma salienta a presidenta da Deputación, Carmela Silva, “o único que marca a diferenza é algo que non existe en realidade, que é só froito dos prexuízos, e que poden ser o que elas e eles queiran ser, sexan mulleres ou sexan homes”.

Esta campaña tenta subliñar que cando escollemos os xoguetes estamos a facer algo moi importante. A sociedade ten unha enorme responsabilidade xa que dependendo dos xoguetes e xogos que promovamos apostamos pola igualdade ou pola desigualdade.

“Se non se xoga en igualdade, ás rapazas e ás nenas estamos marcándolles os estereotipos desde que nacen”, denuncia Carmela Silva.

También te puede interesar