Comarcas

@depo_es abre ata o vindeiro 1 de febreiro o prazo de contratación do servizo ‘DepoIntegra Xoven’

Ata o próximo 1 de febreiro, as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para obter o contrato, mediante procedemento aberto, do servizo de formación no marco do proxecto da Deputación de Pontevedra, “DepoIntegra Xoven”.

O programa, que conta cun orzamento total de máis de 2,5 millóns de euros, ten por obxectivo integrar de xeito sostible no mercado de traballo ás persoas novas-de 16 a 30 anos- desempregadas que non participan nos sistemas de educación nin de formación.

“Depointegra Xoven” tamén ten por obxectivos favorecer a participación das mulleres, das persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social para garantir a non exclusión no programa por motivos sociais, formativos, por razóns de xénero ou lugar de residencia.

En liñas xerais, as empresas que opten ao contrato para a prestación do servizo de formación de “DepoIntegra Xoven” deberán ofertar 27 accións formativas de 17 itinerarios diferentes dirixidos á certificación oficial da súa formación específica e práctica, é dicir, á obtención do certificado de profesionalidade íntegro.

No marco deste proxecto tamén fíxose pública a lista das persoas que presentáronse ao proceso selectivo para as 4 prazas de titores e titoras orientadoras para executar o programa “DepoIntegra Xoven”. Concretamente recibíronse 65 solicitudes e o primeiro exame levarase a cabo o vindeiro 4 de xaneiro ás 09.00h nas instalacións do Príncipe Felipe.

También te puede interesar