Galicia

Preto de 1.500 persoas incorpóranse á Bolsa de Emprego Temporal para traballar na Xunta

A bolsa de emprego temporal para traballar na Xunta de Galicia vén de incorporar 1.481 novas persoas admitidas, segundo figura nas listas para o desempeño transitorio de postos de persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral, publicadas este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Das case 1.500 solicitudes admitidas, 405 correspóndense con listas elaboradas para o nomeamento de funcionarios interinos dos distintos corpos, escalas e especialidades da Comunidade Autónoma de Galicia, e as outras 1.076 con listas abertas para a contratación de persoal laboral temporal en distintas categorías profesionais.

No que se refire ás listaxes destinadas á cobertura temporal de postos de traballo mediante o nomeamento de persoal funcionario interino, o maior número de persoas admitidas (143) concentrouse na lista para realizar substitucións no corpo auxiliar (subgrupo C2).

Por outra parte, as listas para a contratación de persoal laboral cun maior número de solicitudes admitidas foron as de auxiliar sanitario (grupo IV-003), con 500 novas persoas inscritas, e a de axudantes técnicos sanitarios (grupo II-002), con 136 persoas.

A orde na que aparecerán os aspirantes nas listas dependerá fundamentalmente do esforzo realizado e da experiencia, e dicir que se situarán nos primeiros postos de contratación aqueles que obtiveran as maiores puntuacións en oposicións convocadas pola Xunta e  que demostren maior experiencia profesional adquirida por contratos anteriores.

Consultas

As listaxes entrarán en vigor mañá e poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta, http://funcionpublica.xunta.gal, no apartado de listas de contratación, así como no servizo de atención e información á cidadanía a través do teléfono 012, no servizo de información dos edificios administrativos e nas oficinas comarcais da Xunta.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.