Deportes

O Concello de Redondela instalou dous videomarcadores no Pavillón de Chapela e no da Marisma.

Os videomarcadores incorporan unha pantalla led de 10 metros cadrados de última Xeración con múltiples funcións, ordenador de control e dispón dun software de control deportivo multimedia e consola deportiva para manexar os marcadores dende a mesa de cronometradores.  Estes videomarcadores son de iguais características e coas mismas funcións que as de estadios de primeiro nivel como o Santiago Bernabeu pero de inferior tamaño adaptado aos pavillóns onde foron instalados.

Os marcadores  adáptanse mediante un programa específico a todos os deportes dende futbolsala, balonmano, baloncesto, tenis… atópanse conectados á rede o que posibilita a programación instantánea dos mesmos ou con antelación ao partido.

O importe dos dous videomarcadores ascende a 45.850 euros que foron financiados coa aportación da Xunta de Galicia a través da firma dun convenio coa Secretaria Xeral para o Deporte.

“Seguimos a mellorar as instalacións deportivas de Redondela porque pensamos que os nosos clubes merecen unhas instalacións á súa altura”, sinala o concelleiro de Deportes Julio César Mougán

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.