'Qué te cuentas?' Destacados

Maderas Iglesias comunica aos traballadores que despedirá a 140 deles en xaneiro

Os alcaldes de Salceda, Marcos Besada, Ponteareas, Xosé Represas, Mondariz, Xoán Carlos Montes, As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o tenente de alcalde de Mos, Camilo Augusto Martínez, mantiveron este luns unha xuntanza, no Concello do Porriño, con representantes do Comité de Empresa de Maderas Iglesias, e dos sindicatos CIG, CCOO e UXT, que trasladaron aos rexedores que a empresa comunicoulles a apertura dun expediente de extinción de 140 contratos-ou de todos eles, preto de 300- o vindeiro día 12 de xaneiro.

Ante esta situación, os alcaldes e alcaldesa veñen de solicitar un encontro ao máis alto nivel, con representantes da Xunta de Galicia, acompañados polos membros do Comité de Persoal, de cara a evitar a eliminación destes empregos- ou da totalidade deles-e o peche dunha empresa que consideran parte dun sector estratéxico para a economía galega como é o da madeira.

Os alcaldes e a alcaldesa, coñecedores do interese da Xunta en evitar a eliminación destes empregos, considerando que a empresa recibiu no seu día fondos públicos por medio do IGAPE e lembrando que todos os grupos do Parlamento de Galicia aprobaron unha iniciativa apoiando tomar a iniciativa para facer viable Maderas Iglesias, piden ao Goberno de Galicia que nesta situación de extrema gravidade para a continuidade desta firma, fagan efectivos os termos desta iniciativa e preste as garantías posibles e necesarias para manter os empregos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.