Un total de 12 funcionarios de todos os departamentos do Concello de Redondela iniciaron o pasado día 3 de novembro un curso de linguaxe de sinais, que abrangue unhas 30 horas, e que rematará o vindeiro día 29 de decembro.
Esta iniciativa forma parte do programa impulsado pola Concellería de Benestar e Igualdade, dirixida por María el Carmen Amoedo, que ten coma obxectivo “mellorar a accesibilidade a todos os servizos municipais das persoas con problemas auditivos”.
O proxecto, dirixido pola la Organización de Xordos de Galicia (Xoga) abrangue outras iniciativas que xa son unha realidade, coma a instalación de dous ‘bucles magnéticos’, un deles nas oficinas do Rexistro do Concello e outro no Auditorio da Xunqueira- e nas vindeiras semanas tamén no de Chapela- que permite ás persoas con dificultades de audición recibir directamente o son nos seus audiófonos, evitando todo ruído externo, o que facilita que poidan realizar calquera xestión ou gozar dos espectáculos que se programen no Multiusos.
O programa, que conta cun orzamento total de 8.000€, complétase con material escrito-dispoñible en DVD- e sinais axeitadas nos distintos edificios públicos municipais.