Vigo al minuto

Feijóo anuncia que máis do 65% da Autovía do Morrazo, de Rande a Meira-Moaña, estará aberto a vindeira primaveira

O presidente do Goberno de Galicia asegurou este mércores, durante unha visita ás obras do ‘Corredor do Morrazo’ que o conxunto dos traballos que a Xunta e o Ministerio de Fomento están a desenvolver entre Vigo e Cangas, coa conversión en autovía deste corredor e a ampliación da ponte de Rande, “conforman a maior e máis complexa transformación de comunicacións viarias levada a cabo en Galicia nos últimos 35 anos”. Non só pola envergadura económica dos proxectos, que suman un investimento de 200 millóns de euros, senón tamén pola complexidade técnica que fai de ambos os dous proxectos auténticos retos para a enxeñaría civil.

O presidente Feijóo asegurou ademais que traballo que se está a realizar coa máxima intensidade permitirá poñer á disposición dos veciños da península do Morrazo, a vindeira primavera, máis do 65% da autovía, desde o enlace de Rande ata Meira-Moaña. Non en van, as obras nos primeiros 7 quilómetros están executadas en máis dun 60% e os traballos máis complexos, que se corresponden coas estruturas, están xa a máis do 80%: o viaduto da Moura está rematado; o viaduto da Mo encara a súa recta final; e, actualmente, os esforzos céntranse no viaduto de Rande e na ampliación do túnel de Montealegre, mentres van collendo ritmo tamén as obras do último treito.

También te puede interesar