Vigo al minuto

Novas análises feitas este mesmo martes indican que a auga de Vigo «é potable ao cen por cen»

O alcalde afirmou este martes que as novas análises realizadas esta mesma mañá pola concesionaria Aqualia, «igual que as que fixeron onte», poñen de relevo que a auga de Vigo é «potable ao 100%», cumprindo todos os parámetros.

«A auga de Vigo é potable e non deixou de selo en ningún momento”, subliñou Abel Caballero, quen engadiu que aqueles que sementan «dúbidas» sobre a potabilidade da auga na cidade terán que explicarse.

O alcalde reiterou que a empresa concesionaria efectúa analíticas na auga cada 4 horas, que son remitidas á Xunta de Galicia, e os resultados revelan que se cumpren todos os parámetros de potabilidade.

Tras as chuvias deixadas nos últimos días pola borrasca «Ana», o encoro de Eiras está preto do 75% da súa capacidade, o que asegura subministro para seis meses. Caballero explicou que, salvo no verán, Eiras non pode superar o 77,7% do seu volume para poder facer fronte a episodios de fortes chuvias.

Con todo, Caballero insistiu na necesidade de executar o transvase de emerxencia desde o río Verdugo, porque «nada asegura que cheguemos ao comezo do verán co encoro cheo». A plena capacidade, Eiras ofrece subministro para seis meses, mais «queremos unha solución estable» que garanta auga para ata dous anos.

Abel Caballero sinalou que esta demanda xa a fixera él mesmo no 2011, ano da ultima seca, e a Xunta de Galicia «non fixo nada» pese a ser a súa «competencia e obrigación», pois o encoro vigués subministra a outros nove concellos da área metropolitana.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.