Ciencia y Tecnología Vigo al día

Investigadores do Laboratorio de Nanotecnoloxía de Braga desenrolan experimentos científicos xunto a nenos ingresados no Cunqueiro

Por segunda vez neste ano, investigadores do Laboratorio de Nanotecnoloxía de Braga (ILN)- que obtiveron o seu grao nas universidades de Barcelona, Santiago e Vigo- realizaron hoxe un  obradoiro de experimentos científicos moi sinxelos dirixido aos nenos e nenas  ingresados na planta de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro.O obradoiro forma parte do proxecto “Mission Nerd” (Nanotecnoloxía, Educación e Demostracións prácticas).

A Área Sanitaria de Vigo mantén un protocolo de colaboración co ILN para a divulgación científica, que se subscribiu o verán pasado.

As demostracións prácticas aos pequenos pacientes do Álvaro Cunqueiro consistiron, entre outras, en ver nanopartículas, medir a altura en nanómetros ou vestirse na ficción como nanocientíficos.

También te puede interesar