O comité de folga do sector da xustiza galega -formado por CIG, SPJ-USO, CUT, UXT, CSIF, STAJ, e CC.OO.- mantén a segunda xornada de folga convocada para este mércores, día 13, despois do «brinde ao sol» da Xunta, por non achegar un documento con propostas para «avanzar» na mellora das condicións laborais.
O documento presentado ao comité de folga só recolle as reivindicacións que realizan as centrais sindicais, “sen cantidades nin prazos, que é o que reclaman. Non hai ningún avance”, sinalan as centrais sindicais.
Por iso, o comité de folga, ratifica a convocatoria do paro para mañá e advirte de que se non cambia a postura da Administración, continuarán coas mobilizacións.
“O conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, incumpre o acordo parlamentario do 5 de decembro, ao non realizar ningunha oferta ao comité de folga e ao non garantir aos traballadores de xustiza as melloras nas súas condicións laboráis”, sinalan as centrais.
Ao seu xuizo, a consellería, “lonxe de tender pontes para o diálogo entre as partes, a dinamita. A falta de vontade política para o diálogo é evidente: a Xunta pode pero non quere. Non houbo avance porque a Administración non trouxo motivos para avanzar”.
Coincidindo coa xornada de folga haberá concentracións e manifestacións nas 7 grandes cidades de Galicia nos seguintes lugares e horarios:
elebraranse manifestacións e concentracións ás 12.00 horas nas sete grandes cidades de Galiza
A Coruña: manifestación con saída de Capitan Juan Varela pasa pola Fábrica de Tabacos e chega ao Tribunal Superior de Xustiza.
Santiago:concentración no Edificio Xulgados, Fontiñas.
Ferrol: concentración no Edificio Xulgados, rúa Coruña.
Lugo:concentración no Edificio Xulgados rúa Armando Durán.
Ourense: concentración no Edificio Xulgados, rúa Velázquez.
Pontevedra: manifestación ás 11:30 h. con saída de A Parda ata a Audiencia provincial.
Vigo: manifestación ás 12 con saídad do Edificio Xulgados, rúa Lalín.