Cultura Vigo al día

Conta atrás para o Galician Freaky Film Festival, o certame máis freaky de filmes galegos

Quedan menos de dúas semanas para que arranque o Galician Freaky Film Festival, un certame organizado por Reencanto Produccións, responsables do ‘Primavera do Cine’, e que pretende dar visibilidade á cultura e o audiovisual ‘freak’ de orixe galego.

Do xoves 21 e ata o sábado 23 de decembro, Vigo volverá, por uns días,”ó horterismo e o mundo freak que tanto marcou a toda unha xeración dende a década dos 80”.

A programación

O xoves 21 ás 7 da tarde, comezará de forma oficial o festival coa creación dun mural feito por Gonzalo Alonso en directo diante do museo Marco e que logo se convertirá no photocall do certame.

Despois, ás 9 e media da noite, chegará a gran sorpresa do día. Primeiro con unha musicalización en directo de varias pezas do cine mudo de Segundo de Chomón e, acto seguido, haberá uns petiscos e unha sesión de curtas entre as que se atoparán grandes clásicos do cine galego coma ‘O vater susurra’. Trátase dun filme de Rafael Calvo no que se poderá ver o debut dun novísimo Luis Tosar. Todo isto será na sala Videodrome, no urban market de Progreso 41.

Entre as longametraxes que se proxectarán na sala o resto de días cabe destacar ‘A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos’, unha obra cumbre do frikismo galego dirixida por Antonio Blanco e Ricardo Llovo.

Ademáis, o venres 22 ás 7 da tarde na rúa do Príncipe, os alumnos do IES Audiovisual de Vigo, coordinados por Ricardo Spencer, un dos seus docentes, farán unha dramatización que estará chea de explosións, liortas e grandes dosis de acción.

Para o sábado, tamén ás 7 da tarde, o Galician Freaky Film Festival ten preparada unha sorpresa que inclúe maquillaxe, larpeiradas e unha canción terroríficamente freaky. Todo aquel  que queira averiguar en qué consiste só ten que acudir ata o Marco para vivir unha experiencia moi divertida.

Tamén irán aparecendo novidades e diferentes pistas do que será este evento na páxina do Facebook do certame. Todas estas actividades serán coronadas por dous concertos: Mad Martin Trío na sala Transilvania o venres e Igmig no Mogambo o sábado para un fin de festa moi freaky.

También te puede interesar