RGPD - Cookies
Sucesos Vigo al minuto

Feijóo acusa a Caballero de «xogar coa saúde da xente» e desaconsellará beber a auga da traída se as análises non son boas

O presidente do Goberno de Galicia  anunciou este xoves que se requiriu ás empresas concesionarias do abastecemento de auga en Vigo e a súa área para que dean datos, «en tempo real», dos resultados das análises da auga e non desbotou que a Xunta desaconselle o seu consumo se estas saen mal.

O presidente Feijóo sinalou ao alcalde Caballero ao que acusou de negar “durante 14 meses» que a potabilizadora da cidade non pode facer o seu traballo cando o caudal da auga baixa, algo que o xefe do Executivo cualificou dunha irresponsabilidade ao tempo que acusou a o alcalde de «xogar coa saúde da xente» e «facer política coa saúde».

«O Concello terá que explicar isto», dixo Feijóo, quen asegurou que informaría aos cidadáns, ainda que a competencia sexa do Concello.

También te puede interesar