'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

@En_Marea quere saber por qué o peaxe da AP-9 vai subir un 3,1% o ano que ven e se @FeijooGalicia apoia este aumento

O anuncio do Ministerio de Fomento de permitir que Audasa suba un 3,1% nas peaxes para o vindeiro 2018 na AP-9 é, segundo denuncia En Marea “o novo capítulo no abuso ás usuarias e usuarios da autopista galega”.

A pesar de ser unha das autopistas máis rendibles de Europa, e ter beneficios de 1 de cada 3 euros que cobra nas peaxes, En Marea denuncia que as tarifas non deixan de medrar coa complicidade das administracións públicas “sendo o último capítulo da historia dun roubo consentido que se executa a diario”, segundo asegurou Antón Sánchez, vicevoceiro parlamentario.

En Marea, a través do rexistro de iniciativas parlamentarias. quere coñecer cal vai ser a actuación do Goberno de Galicia ante “este novo golpe aos petos das galegas e galegos porque ata agora a resposta da Xunta foi sempre a de someterse ao que di o Goberno do Estado, que como por conta da empresa concesionaria”.

Antón Sánchez García pregunta como se tomou ese acordo, “si foi un acordo extraxudicial ou o resultado dunha sentenza derivada do contencioso interposto por Audasa  a principios de 2017 contra da Orde do Ministerio de Fomento de tarifas para este ano”. Sánchez tamén se pregunta se este acordo en calquera das súas variacións “está avalado por Núñez Feijóo e o seu goberno”.

Este acordo, que non comunicado por Audasa á CNMV, reforza a posición de privilexio da empresa á costa da economía dos galegos e galegas que volven quedar indefensos no uso dunha vía e comunicación imprescindible para unha grande parte dos usuarios e que están “condeados” a pagar si ou si.

“Goberno e empresa parecen xogar no mesmo equipo porque a pesar da rebaixa decretada para o 2017 do 0,37%, a cifra de negocio de Audasa medrou un 3,5%. O resultado de explotación medrou un 8%e o beneficio líquido da empresa acadou un 11,9% sobre uns datos que xa permitiron en 2016 repatir 45 millóns de beneficios, o que quere dicir que 1 de cada 3 euros recadados son beneficios”.

En Marea salienta que se Audasa non deixa de subir as tarifas para conseguir maiores beneficios, “este incremento dos resultados non se traduce nun mellor servizo para os galegos, que non só pagan unha das autopistas máis caras da península senón que é tamén das peor atendidas”.

A AP-9 ten menos empregados que ningunha outra do Estado español, 0,37 por quilómetro (1,05 é a media estatal) e é tamén a que máis queixas recibe por parte dos usuarios. Datos que sitúan a esta vía como unha das máis caras e unha das peores.

También te puede interesar