Comarcas

As Neves modifica o seu orzamento en case 150.000€ para facer fronte aos custes de reparación de servizos públicos esenciais

O goberno municipal de As Neves vén de informar da celebración dun Pleno extraordinario no cal se propuxeron tres modificacións orzamentarias para dotar partidas necesarias para facer fronte a gastos urxentes derivados dos incendios que afectan a servizos esencias.

A proposta, de case 150.000€, foi aprobada con votos a favor do BNG e PSOE e co voto en contra do PP.

No mesmo Pleno deuse conta da contratación de emerxencia por decreto de diversas reparacións en  servizos como o alumeado no cal deben reporse farolas, cadros e alomenos 9.000 metros de cableado.

Amais as reparacións en saneamento, limpezas e adquisicións de contedores suman máis de 102.000€ e outras  están sendo xestionadas a través dos seguros, o campo de fútbol, as piscinas, o colexio, varias escolas unitarias que sufriron danos de diversa consideración.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, explica que “os danos en bens públicos calculados e constatables neste momento superan os 500.000€ e que administracións como a Xunta o Estado e a Deputación adiantaron a súa intención de acordar ou negociar convenios para sufragar os gastos de reparación pero tamén deben colaborar a medio e longo prazo no oportunidade de renacer As Neves”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.