'Qué te cuentas?'

@depo_es facilita que 433 persoas da provincia, maiores de 50 anos, gocen dende este domingo de ‘Depotermal 2017’

A partir deste domingo 19 de novembro, e ata o vindeiro venres, 433 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán desfrutar do programa da Deputación de Pontevedra “Depotermal 2017”.

Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario.  Ademais, “DepoTermal” pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

“Depotermal” tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.

En canto a modalidade con pernocta, a partir deste domingo 19 de novembro, 318 persoas da provincia maiores de 50 anos chegarán ao Hotel Carlos I de Silgar, Hotel Gran Talaso de Sanxenxo, ao Hotel Louxo, ao Hotel Talaso Atántico de Oia, e ao Balneario de Cuntis para desfrutar de modalidade con pernocta. Máis polo miúdo, 142 acudirán ao Hotel Carlos I de Silgar  procedentes dos concellos de Vigo (76 persoas), Pontevedra (15), Nigrán (10), Baiona (7), Salceda de Caselas (6), Tui (6), Cangas (4), Valga (3), Redondela (3), O Porriño (2), Gondomar (2), A Estrada (2) e Vilagarcía de Arousa (1).

Pola súa banda, 53 persoas chegarán este domingo ao Hotel Talaso Atlántico de Oia procedentes de Meaño (49 delas), Pontevedra (2) e Vigo (2). Ademais, acudirán ao Balneario de Cuntis 49 persoas procedentes de Vigo (15), Vilaboa (11), Vilanova de Arousa (8), Pontevedra (4), Bueu (4), Marín (3), Redondela (2) e Baiona (1).

Outras 42 persoas aloxaranse desde o domingo no Hotel Louxo da Toxa  e chegarán dende Vigo (22 persoas), Pontevedra (6), Baiona (5), A Estrada (3), Cangas (2), Lalín (2) e Poio (2). Amais, tamén 32 persoas chegarán o vindeiro domingo ao Gran Hotel Talaso de Sanxenxo procedentes da Illa de Arousa (9), Vigo (9), Pontevedra (3), Redondela (2), Ponteareas (2) e Nigrán (2) onde se aloxarán durante cinco noites.

Pola banda da modalidade diúrna, 115 persoas chegarán o luns 20 de novembro ao Eurostars Illa da Toxa, Balneario de Cuntis e Talaso Atlántico de Oia. Concretamente, ao Hotel Balneario de Cuntis acudirán 45 persoas dos concellos de Ponte Caldelas (22), Valga (10), A Lama (8), Caldas de Reis (4) e Pontevedra (1) e ao Talaso Atlántico de Oia, 39 persoas dos concellos do Rosal (12), A Guarda (7), Tomiño (11), Tui (7) e Nigrán (2).

Por último, do 20 ao 24 de novembro, acudirán ao Eurostars Illa da Toxa 31 persoas dos concellos de Marín (12), Poio (9), Bueu (5), Pontevedra (4) e Sanxenxo (1).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.