Comarcas

O Concello de Redondela elimina as barreiras arquitectónicas e mellora a accesibilidade ás praias de Cesantes e do Cabo

O Goberno Municipal de Redondela, por medio das concellerías de Medio Ambiente e Benestar, ven de rematar  os traballos realizados nas praias de Cesantes e do Cabo que tiñan coma obxecto a eliminación de barreiras arquitectónicas, a mellora do acceso aos areais e a reposición de varias construcións que se atopaban en mal estado.

Nas pasadas semanas, realizáronse as obras de colocación de pasarelas, ramplas, aseos e duchas adaptados, ademais de bancos e elementos auxiliares, e as mesmas están xa rematadas

“A pasarela de madeira e as diferentes ramplas de aceso a praia, atópanse nalgún casos bastante deteriorados, e precisaban unha reparación en profundidade, ademais, era necesario repoñer dous aseos adaptados que estaban  moi danados”, sinala a tenente de alcalde María del Carmen Amoedo

Así mesmo, vense de eliminar parte do valado existente, que se remprazou por outro novo de 32 metros, e de características similares ó existente, mais axustado a duna para protexela de forma máis eficaz,

Todos os elementos que se empregaron  son removibles, e os materiais a empregados son semellantes ós existentes, permitindo a integración respectuosa coa contorna onde se atopan.

Tamén, ao obxecto de facilitar o baño para persoas con mobilidade reducida, o Concello adquiriu unha cadeira anfibia para adulto, con chasis ergonómico para maior accesibilidade e repousapés abatible, brazos con asas e abatibles, tracción con para realizar e rodas con suficiente diámetro para mellorar o seu manexo pola praia.

O orzamento destas actuacións, que estarán incluídas no Plan de Subvencións a Entidades Locais para o Fomento da Accesibilidade e Sinalización dos Recursos Turísticos no Medio Rural, están co-financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, é  de 70.000€.

“Esta é unha acción mais que se suma ás xa levadas a cabo dende a chegada ao goberno de Javier Bas nesta Praia. Foron moitas as accións non só de accesibilidade senón tamén de control de vertidos e mellora dos accesos o que posibilitou que por primeira vez esta Praia fose recoñecida coa Bandeira Azul no ano 2014. Este logro repetiuse nos seguintes anos e seguirase solicitando xa que cremos que temos unha Praia e un entorno privilexiado”, afirma o concelleiro de Medio Ambiente,  Miguel Ángel Álvarez.

Esta praia tamén foi incluida este ano dentro de arenais sen fume para mellorar  a calidade da area emilinando as cabichas xa que se trata dun elemento de altamente contaminante xa que concentra sustancias nocivas e tardan moitas anos en eliminarse da natureza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.