'Qué te cuentas?'

Festival Solidario ‘Lumes Nunca Máis’ en As Neves, o vindeiro día 25 a prol dos afectados polos incendios

O acto empezará ás 5 da tarde na Escola de Taboexa e as entradas terán un custo de 5€ que se destinarán na súa totalidade a axudar as veciñas e veciños que sufriron os efectos dos lumes que arrasaron As Neves o pasado día 15 de outubro.

As persoas que non poidan asistir pero que queiran colaborar poden facelo mercando unha entrada para a ‘Fila Cero’, entrando en Woutick ou facendo un ingreso na conta da Oficina do Voluntariado de As Neves, IBAN: 2080 5434 0830 4011 4499.

Os organizadores sinalan que o aforo para o Festival Solidario ‘Lumes Nunca Máis’ é limitado e indican que calquera persoa que queira máis información pode chamar ao número de teléfono 618 849 998.

También te puede interesar