Vigo al minuto

@abelcaballero anuncia que o Concello investirá 54,7 millóns en obras entre este ano e o 2018

O alcalde deu conta, este venres,  das obras que se están acometendo neste 2017, por valor de 11,8 millóns de euros, e das previstas para 2018 que supoñen a «transformación da cidade e a xeración de emprego nun contexto de débeda cero, superávit e pronto pagamento”.

Abel Caballero salientou o “importantísimo plan de emprego” que supoñen estes investimentos municipais porque, apuntou, “en cada obra hai entre 10 e 30 traballadores”. Deste xeito, indicou, «transformamos a cidade e xeramos emprego, como levamos facendo estes anos» e engadiu que os proxectos «se realizan cumprindo os obxectivos de acordo cos parámetros de España e de Europa, ao contrario, dixo, do que sucede noutras cidades galegas que non teñen orzamento”.

Para Caballero, os 54,7 millóns de euros dedicados a obras na cidade supoñen superar as cifras do coñecido Plan E que foi «a época de maior investimento en todos os municipios de España», dentro dun orzamento «excepcional» que acada dos 256 millóns de euros e que «amosa a nosa capacidade«.

O alcalde sinalou que as obras que están en marcha en Vigo cun valor de 11,8 millóns de euros son: a cuberta de Río do Estadio de Balaídos, o aparcamento público municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro, a escaleira mecánica Abeleira Menéndez, as humanizacións das rúas Bueu, García Lorca, Corredoura en Castrelos e Avenida de Galicia en Teis, os asfaltados nas parroquias, a mellora da seguridade da Avenida da Ponte –en Cabral-, a accesibilidade peonil da rotonda da Avenida de Europa e o muro de Pardiñeiros de Abaixo en Lavadores.

En 2018 o Concello acometerá os seguintes proxectos: a humanización Canceleiro, entre García Barbón e Rosalía de Castro, os ascensores de San Salvador e Juan Ramón Jiménez dentro do ‘Proxecto Vigo Vertical’, a mellora do entorno da Escola de Música de Beade, o pavimento de García Olloqui e a Praza de Compostela, a humanización de Marqués de Valterra, da rúa Colombia, Fátima, María Berdiales -entre Gran Vía e Hernán Cortés-, Purificación Saavedra, Camilo José Cela, José Frau -entre López Mora e Álvaro Cunqueiro-, Vía Norte -entre Escultor Gregorio Fernández e Urzáiz-, Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, a Avenida Atlántida, Álvaro Cunqueiro, o Carril bici Teis-Samil, a humanización da estrada provincial Emilia Pardo Bazán, a es do Porto Beade-Valladares e os proxectos da humanización de Gran Vía entre Urzáiz e a Praza España e a reordenación Porta do Sol.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.