Cultura

As rúas énchense de sinais que prohiben o paso a persoas con discapacidade

Máis de 750 sinais en 11 localidades van facer visible, o martes, 7 de novembro, ás 11 horas, a discriminación á que se enfrontan día a día as persoas con discapacidade pola presenza xeneralizada de barreiras.

Nese momento, 23 entidades que forman parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) das catro provincias, xunto a tres centros especiais de emprego, ademais de persoal de laboral,  concéntranse en diferentes localidades para poñer en coñecemento da sociedade a falta de accesibilidade universal e reivindicar a posta en marcha de medidas dirixidas a eliminar barreiras que vulneran dereitos, liberdades e vida independente das persoas con discapacidade.

COGAMI convoca esta concentración no marco dunha campaña da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) que, baixo o lema “#AccesibilidadYA: pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos”, contempla a celebración de 35 concentracións simultáneas en cidades repartidas por todo o territorio español onde se prevé a participación de máis de 2.500 persoas.

A asociación Amizade de Pontevedra elixiu concentrarse diante do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo en Pontevedra (Paseo de Cervantes, 7) mientras que en Mos, persoas usuarias do centro que COGAMI ten nesta vila, xunto coa Federación provincial COGAMI Pontevedra e a asociación Asearpo, e as asociacións Asodifisi, Vontade de Baixo Miño e Adapta concentraranse diante dunha parada de autobús que está situada en Avda. de Puxeiros nº 64.

En todas estas concentracións, informarase sobre esta problemática ás persoas  que transiten pola zona e lerase un manifesto. Dito acto contará coa participación de representantes das entidades que participan nelas, así como de diferentes persoas que contarán como lles afecta a falta de accesibilidade universal no exercicio dos seus dereitos e liberdades.

También te puede interesar