Vigo al día

O Parque das Illas Atlánticas recibiu 319.000 visitantes este verán, deles 217.000 desembarcaron en Cíes

O Parque das Illas Atlánticas recibiu de xullo a  setembro  327.149 visitantes, 8.000 máis que no mesmo período do ano pasado-un 2,4% de incremento en total-.

O parque, que ten unha extensión de preto de 1.200 hectáreas de terra, e preto de 7.400 de superficie mariña, e que do que forman parte as illas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada, recibiu os verán de 2016 a un total de 319.296 persoas.

Por suposto, as Cíes foron as máis visitadas: 216.975 se achegaron a elas fronte aos 213.690 visitantes de hai un ano. 88.306 persoas desembarcaron en Ons de  xullo e setembro 88.306 6.000 máis que as  82.104 de 2016.

As illas de Sálvora e Cortegada baixaron en número de visitantes: a Sálvora foron 7.261 persoas -14 menos que en 2016- e Cortegada non chegou aos 6.500 persoas, fronte aos 7.433 do pasado verán.

También te puede interesar