Vigo al día

3 millóns de euros para remodelar 11 parques infantís en Vigo

O Goberno municipal adxudicou, provisionalmente, as obras de ampliación do parque infantil da rúa Venezuela por un importe de case 600.000€, o que, segundo dixo este luns o alcalde, o converterá nunha área de case 1.000 metros cadrados.

Este novo “macro parque infantil” no centro de Vigo será totalmente renovado e ampliado, cun novo pavimento, con caucho e novos xogos infantís e unha xardineira de 83 metros de lonxitude e 1,6 metros de ancho.

Abel Caballero lembrou que se redistribuirán os espazos da rúa Venezuela, de tal forma que o futuro parque infantil ocupará un dos carrís actuais de circulación e será máis “permeable” grazas a dos novos pasos de peóns nos extremos cunha ducia de balizas luminosas.

En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta un investimento de máis de 3 millóns na “posta en marcha inmediata” de outras “macro” zonas de recreo infantil: Barreiro e Praza Independencia –cun orzamento de 200.0000€ cada un, cos proxectos xa aprobados-; Navia e Bouzas -1,2 millóns e 200.000€, pendente de aprobar os proxectos-; Pedro Alvarado e Praza Elíptica -500.000 e 320.000€, coas obras en proceso de licitación-; rúa Coruña e Jenaro de la Fuente -fase de redacción dos proxectos- e por último, referiuse a obras de mellora nos parques de Navia Vella e no Monte Vixiador.

También te puede interesar