Vigo al minuto

3 millóns de euros para remodelar 11 parques infantís en Vigo

O Goberno municipal adxudicou, provisionalmente, as obras de ampliación do parque infantil da rúa Venezuela por un importe de case 600.000€, o que, segundo dixo este luns o alcalde, o converterá nunha área de case 1.000 metros cadrados.

Este novo «macro parque infantil» no centro de Vigo será totalmente renovado e ampliado, cun novo pavimento, con caucho e novos xogos infantís e unha xardineira de 83 metros de lonxitude e 1,6 metros de ancho.

Abel Caballero lembrou que se redistribuirán os espazos da rúa Venezuela, de tal forma que o futuro parque infantil ocupará un dos carrís actuais de circulación e será máis «permeable» grazas a dos novos pasos de peóns nos extremos cunha ducia de balizas luminosas.

En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta un investimento de máis de 3 millóns na “posta en marcha inmediata” de outras «macro» zonas de recreo infantil: Barreiro e Praza Independencia –cun orzamento de 200.0000€ cada un, cos proxectos xa aprobados-; Navia e Bouzas -1,2 millóns e 200.000€, pendente de aprobar os proxectos-; Pedro Alvarado e Praza Elíptica -500.000 e 320.000€, coas obras en proceso de licitación-; rúa Coruña e Jenaro de la Fuente -fase de redacción dos proxectos- e por último, referiuse a obras de mellora nos parques de Navia Vella e no Monte Vixiador.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.