Vigo al día

O Concello adxudica provisionalmente as obras do ascensor de San Salvador por 714.000€

O novo ascensor do programa ‘Vigo Vertical’ de desenvolvemento urbanos sostible será panorámico, terá capacidade para 12 persoas e axudará a salvar a pendente entre a rúa San Salvador e a Praza Isabel A Católica, en Pizarro, cun investimento por parte do Concello de 714.000€.

Segundo explicou este venres o alcalde, as obras inclúen o traslado do Centro de Transformación situado na zona central das escaleiras a outro lugar, demolendo as actuais e construíndo unhas novas que comuniquen ámbalas rúas, a renovación da rede de rego e o resto de lementos de humanización.

Abel Caballero apuntou que o goberno municipal rexistrará como marca o nome “Vigo Vertical” e realizará un programa de difusión deste proxecto.

También te puede interesar