Galicia

Medra un 5,3% o paro entre os galegos maiores de 55 anos, na súa totalidade mulleres

O número de parados maiores de 55 anos medrou en Galicia, no terceiro trimestre deste ano, un 5,3% en relación ao mesmo período de 2016 – un total de 27.600 persoas agora en relación coas 26.200 do ano pasado-un aumento que está lonxe da baixada do desemprego en Galicia-do 12% segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), difundidos este xoves-.

Chama a atención o feito de que este aumento afectou, unicamente, ás mulleres, onde o paro subiu un 12,5%, mentres que entre os homes da mesma idade baixou un 0,7%.

Segundo Francisco Mesonero, director xeral da Fundación Adecco: “diante desta realidade non podemos baixar os brazos: o desemprego feminino persiste e non debemos esquecer que 7 de cada 10 desempregados maiores de 50 anos é de longa duración”.

Neste eido, Mesonero insiste na necesidade de reforzar as políticas empresariais de formación continua, de xeito que si unha persoa maior de 50 anos perde o seu emprego poida atopar as habilidades e competencias precisas para ser competitivo no mercado laboral e atopar unha nova ocupación axiña.

También te puede interesar