Comarcas

@depo_es aproba a consolidación e restauración do xacemento arqueolóxico de Santa Tegra

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación da contratación, por procedemento aberto, do servizo de consolidación e restauración do xacemento arqueolóxico de Santa Trega, no barrio Mergelina, na Guarda.

Trátase dun dos sectores máis coñecidos do castro do concello da Guarda, no lado da desembocadura do río Miño, e que xa foi recentemente escavado no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos da provincia de Pontevedra. Con este contrato poderanse realizar obras que permitirán consolidar todos os achados de estruturas e pezas neste castro e garantir que este proxecto se poida seguir completando dentro dos prazos previstos.

A presidenta da Deputación lembrou “a importancia do que aconteceu durante as escavacións en Santa Trega, que se realizaron nunha área de 2.000 m2”. Santa Trega está “considerada como a primeira cidade”, a maior aglomeración de persoas en toda a provincia, antes que en Lugo, Braga ou Astorga na época romana. “Ata antes destes traballos pensábase que o castro estivera ocupado entre o século I a.C. ata o I d.C., pero as probas de Carbono 14 realizadas agora veñen a confirmar que a ocupación se iniciou antes do século IV a.C., incluso vestixios indican que puido ter lugar no século VIII a.C.”, sinalou Carmela Silva.

Así, atendendo aos diferentes criterios establecidos para a avaliación das propostas presentadas, finalmente foi UTE Consalpa – Terra Arqueos a adxudicataria do contrato de consolidación. O contrato terá un valor de 367.719€ e a duración será de nove meses.

También te puede interesar